kaosenlared.net

sehansuscrito163  quedan837 Objetivo 1000 suscriptor@s! 
02 Ene 2015

Podemos e maila Igrexa

Escrito por 
Valora este artículo
(0 votos)
Hay opiniones que sólo pueden ser expresadas en gallego, y que no deben traducirse, si merecen apreciarse en todas sus dimensiones.

He aquí la evidencia, reeditada para Kaosenlared (procedente de La Carabina, en la edición de La Voz de Barbanza, de La Voz de Galicia). Feliz año. Continuaré reinformando.

A CARABINA

(19-12-2014)

Podemos e maila Igrexa.

Viñas como ensimesmado, cara a min, e non me viches; quizais, porque cambiaches de man, para ir pola de enfronte. “¿Qué che pasa, camarada –debín inquirirche entón–, que, ó parecer, polas trazas, xa non coñeces a xente?” “Perdoa, pero foi por apartar de quen ven varrendo a rúa; que por isto no che vira.” Tampouco che repliquei. Limiteime a lembrar a don Miguel (de Unamuno) e pensei nos meus adentros: “Pois o que me doe é iso.”

Mais ti non te inmutaches por iso, senón que engadiches presto: “ ¡Pero vaia...! Alégrome de atoparche, porque así teño a quen dicir que acabo de descubrir que xa teño a quen votar. Viña sentindo como afogo de impaciencia por afiliarme a Podemos. Ben sabes ti que sempre fun máis alá que do acto de votar. ¿Sabes tamén a onde ir, ou que facer, para poder afiliarse.”

Non che quixen dicir nada do que souben por Xavier ó mandarme notificación da conta na que ingresar unha axuda solidaria co seu compañeiro Paco para pagárllela multa, imposta polo xuíz estremeño, por criticar a Monago publicamente, na radio, con cualificativos políticos mal soantes: “En Podemos sólo hay ciudadanos que se inscriben y participan, con entera libertad, para expresar sus opiniones sobre todo lo que les afecta, pero no son afiliados. No puede haber ciudadanos con más derechos que otros. Yo, por ejemplo, soy contribuyente de Podemos, aporto una cuantía mensual; pero no por eso tengo más derechos que cualquier otro ciudadano, que se inscriba y no sea contribuyente económico. Es la grandeza de Podemos con respecto al resto de partidos de la casta: una organización de ciudadanos y para los ciudadanos.

Porque fuches camarada e non amolarche a euforia do instante que  tivemos, tampouco quixen falarche da resposta (que lla dei). Pero agora que pasou... “Iso mesmo fai a Igrexa para obrar por caridade cos seus. Pois, xa que ti podes, Xavier, paga por min, da miña parte, o de Paco. Porque eu non entendo ben como non tendo afiliados coa obriga de pagar poden cadrar certas contas.”

AMBROSIO CASENADA.

 

Modificado por última vez en Viernes, 02 Enero 2015 21:01

You have no rights to post comments